Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Cando hai que modificar unha norma que defende o galego por orde xudicial

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo vén de publicar este pasado martes 22 de marzo a nova ordenanza sobre o uso do galego na institución municipal da capital de provincia. Segundo o goberno local, viuse obrigado a adaptar á sentenza do Tribunal Supremo de 2019, que avalou o ditame negativo do TSXG que no ano 2016 anulara varios dos seus artigos, atendendo ao recurso presentado por Galicia Bilingüe no ano 2012, como informa Praza.

A alcaldesa lucense, Lara Méndez, sinalou que o “galego hai que defendelo, porque ten un peso inferior ao do castelán”, mais finalmente acordou acatar o ditame, malia non compartilo. A norma recurrida por Galicia Bilingüe fora aprobada en 2012 por unanimidade.

O tribunais mostráronse dacordo co recurso, que non compartía que se considerara o galego como a lingua propia de Galicia. Ademais, a norma pretendía favorecer o uso do galego en actos institucionais polos seus representantes. Agora, os artigos que permitían estes pasos en prol da nosa lingua foron cambiados, incidindo agora no status de cooficialidade co castelán. Máis información en Praza.gal.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.