Borxa González é traballador social, pero traballa en Orgullo Galego, xa que é o seu promotor.
Aínda que na súa casa sempre se falou galego, el foi educado en castelán e con 16 anos comezou a falar en galego pola súa conta porque deuse de conta de que cada vez o falaba menos xente e pensou que “o único xeito de reverter esa situación era darlle uso ao idioma”.