Este xoves 24 de febreiro comezou o debate no Congreso dos Deputados de Madrid sobre Lei do Audiovisual. Un dos puntos clave desta nova normativa é a inclusión da normalización das linguas minoritarias e minorizadas nas plataformas dixitais. Ás 12:00 0 movemento uníuse en redes sociais baixo o cancelo #AudiovisualEnGalego.
A Mesa de Normalización Lingüística xunto con asociacións adicadas ao audiovisual en Galicia, reclaman unha maior presenza do galego no audiovisual. Non só a produción galega está incluída nas súas demandas, senón un maior uso do galego en todos os sectores, dende a dobraxe ata os produtores.
A Mesa definiu neste fío de Twitter as súas propostas. O obxectivo da proposta é recoñecer “a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións”.
A través do cancelo #AudiovisualEnGalego varias organización e individuos mostraron o seu apoio á normalización do galego, do éuscaro e do catalán no audiovisual. Neste artigo recóllense algúns destes chíos.
https://twitter.com/ANPASGALEGAS/status/1496781138047741952
Non son poucas as queixas que tramitamos de vulneracións linguísticas no sector do audiovisual e das plataformas de streaming.
⚡️Por iso máis que nunca #AudiovisualEnGalego
— A Liña do Galego (@linhadogalego) February 24, 2022
Dos 25.872 títulos entre series e filmes dispoñíbeis nas principais plataformas de televisión, practicamente todos contan con versión orixinal ou dobrada ao español, mais só 25 están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción dobrada.
— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) February 24, 2022