Este martes, 28 de novembro, o podcast da actualidade galegoportuguesa "Galiportus" publicou o seu último capítulo, co avogado e deputado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) do Parlamento de Galicia, Iago Tabarés, como protagonista. A escolla do convidado xustifícaa a crítica, durante a última sesión parlamentaria, da súa muda do castelán ao galego durante unha das…
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou este mércores, 27 de novembro, a evolución dos indicadores de actividade entre o 2019 e o 2023 dentro da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta está composta polas bibliotecas xestionadas dende a administración así como por diferentes servizos como 'AsFurgotecas' ou a plataforma…
A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abriron este martes, 26 de novembro, a primeira fase da campaña para escoller a 'Palabra do Ano 2024', unha iniciativa promovida a través do 'Portal das Palabras', que ten habitlitado o buzón para as propostas dentro do seu sitio web ata o domingo, 8 de decembro.
O…
As xogueterías e librerías de A Guarda contan cunha nova oferta para as crianzas da man dos lexendarios Bolechas. A Organización de Palangreros Gardeses (ORPAGU) vén de presentar o libro Os palangreiros da Guarda, nunha colaboración coa que buscan "o fomento da lectura nos cativos e tamén do seu tempo de xogo" sen olvidar "potenciar…
Xosé María Pérez Barro, ou Pepe Navarro, será un dos galardoados nos Premios da Cultura Galega 2024. O deseñador gráfico e escritor recibe o recoñecemento dentro da categoría de Artes Visuais, tras cincuenta anos de traballos e proxectos que motivaron o crecemento da doutrina dentro de Galicia.
Nodo entre a cultura e o deporte
🏅 Seguimos coñecendo…
No 2019, Sesé Mateo puido articular a "última palabra" coa publicación de No camiño do vento. A súa gorxa, "ollada crítica" e posicionamento optimista ante a vida rexurdiron, pese ao intento de ser silenciados no 2017 co seu asasinato, grazas ao traballo recompilatorio e de edición entre familiares, amigos e un grupo de mulleres pertencentes…
O alumnado do Colexio Plurilingüe Galaxia, no concello coruñés de Ribeira, realizou un proxecto audiovisual "QUERIDA NAI", con motivo conmemorativo polo 25 de novembro, no marco curricular de Educación Plástica e Arte. O vídeo, dispoñible na súa canle de YouTube e cun guión en formato epistolar no que se adican unhas verbas a unha figura…
O Pazo da Cultura de Pontevedra volve acoller a Feira das Culturas Galegas, como definen: "un espello da pluralidade da cultura galega". Dende o 29 de novembro ao 1 de decembro, público e artistas galegos poderán converxer neste punto da provincia pontevedresa dotado de exposicións, postos de venda e escenarios, sobre os que terán lugar…