Este martes, 28 de novembro, o podcast da actualidade galegoportuguesa “Galiportus“ publicou o seu último capítulo, co avogado e deputado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) do Parlamento de Galicia, Iago Tabarés, como protagonista. A escolla do convidado xustifícaa a crítica, durante a última sesión parlamentaria, da súa muda do castelán ao galego durante unha das súas intervencións.
Xa pola súa segunda tempada, a última entrega deste programa radiofónico da Internet aborda a mofa, por parte dunha deputada popular, da adaptación ao galego na fala de Tabarés cando “era de los Tabarés que hablaban castellano de toda la vida”. A conversa estivo artellarada ao redor da aposta individual pola lingua “menos forte” da autonomía, así como ao respecto da significación de ser “neofalante”.
Nesta eclosión de fieis ao galego, estivo asemade incluído o xornalista, profesor e director de Galicia Confidencial, Xurxo Salgado. En profundidade, foi observando o papel administrativo, institucional e cultural na promoción do idioma entre as novas, e anteriores, xeracións. Quen o fala? Quen o aprende? É necesario estar estreitamente ligado á terra? Escoita xa!