Tanxugueiras participa esta semana no Benidorm Fest, onde se escollerá a proposta candidata para asistir a Eurovisión 2022. Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro presentarán este mércores, 26 de xaneiro, na primeira das dúas semifinais do certame (22.40 horas no Palau L’illa de Benidorm), o seu directo de Terra, o último sinxelo do grupo,…
A tiktoker, creativa, comunicadora e "adestradora emocional" @baiafernandez dá uns interesantes consellos, cun gran toque de humor, de como os neofalantes debemos utilizar os pronomes
Un grupo de científicos do CSIC son os responsables da elaboración do Calendario científico escolar 2022, destinado a alumnado de ensino primario e secundario.
O calendario tal e como recolle culturagalega.org conmemora aniversarios científicos ou tecnolóxicos, como o nacemento de persoas significativas neses ámbitos ou de achados destacables. O calendario preséntase en diferentes idiomas, entre eles o…
Nos últimos días son numerosas as reaccións en redes sociais sobre o que pode acontecer no Benidorm Fest, o festival do que sairá a canción que representará a España en Eurovisión. A medida que se achega esta cita, son moitos os que se posicionan a favor e en contra das artistas ou grupos participantes pero,…
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia presentaron no Pazo de San Roque o libro ‘7º Concurso TFG.eduso’, un traballo que recompila os textos gañadores do certame promovido polo Ceesg e que recoñece os mellores traballos de fin de grao arredor…
Achégase a data do Benidorm Fest e con ela as novas e os artigos sobre as Tanxugueiras, as favoritas xunto con Rigoberta Bandini para ir a Eurovisión. Tanto están dando que falar que o Faro de Vigo decidiu traducir ao castelán a letra da súa canción. Un artigo que incendiou as redes sociais.
A publicación do…
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, reivindicou a presenza do galego en Asturias para reclamar que se declare a súa oficialidade, en igualdade de condicións que o asturiano, no novo Estatuto de Autonomía desta comunidade autónoma.
Concellos de Asturias onde se fala galego / wikipedia
Fíxoo aludindo aos "dereitos" daqueles asturianos que usan o galego e a…
O grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica da USC, CienciaNOSA, desenvolveu o primeiro MOOC -un curso en liña masivo e aberto (o nome é o acrónimo inglés de Massive Open Online Course)- en lingua galega, titulado "Química - unha ciencia experimental". Esta iniciativa naceu cun enfoque experimental para as prácticas de laboratorio dos…