Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Coñece as datas máis relevantes para a ciencia

Un grupo de científicos do CSIC son os responsables da elaboración do Calendario científico escolar 2022, destinado a alumnado de ensino primario e secundario.

O calendario tal e como recolle culturagalega.org conmemora aniversarios científicos ou tecnolóxicos, como o nacemento de persoas significativas neses ámbitos ou de achados destacables. O calendario preséntase en diferentes idiomas, entre eles o galego, e ofrece tamén unha guía didáctica con numerosas actividades adaptadas a cada rango de idade.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.