Nos últimos días son numerosas as reaccións en redes sociais sobre o que pode acontecer no Benidorm Fest, o festival do que sairá a canción que representará a España en Eurovisión. A medida que se achega esta cita, son moitos os que se posicionan a favor e en contra das artistas ou grupos participantes pero, sen dúbida, un dos que máis críticas e eloxios recibe é o das Tanxugueiras.
E é que o tema ‘Terra‘ non deixou indiferente a ninguén dentro de España. Unha música vibrante, potente, que engancha e que ten o favor de importantes críticos musicais. E ademais, está en galego, nunha das linguas oficiais do Estado, pero que tamén fai un chisco ao resto de linguas que se falan neste estado plurinacional: español, catalán, vasco ou asturiano.
“Tribalismo forzado”
E, precisamente, este feito, o de dar presenza a un estado plurinacional é o que non gusta a unha parte desa España que está ancorada na iconografía dos touros, as paellas e o flamento. Ideas que, ademais, son soportadas por xornais como o ABC que non ten reparos en publicar neste artigo cousas como:
“Favoritas de Yolanda Díaz, las Tanxugueiras meten en la cazuela de su queimada ingredientes tan diversos como la ‘new age’ o el ‘trash dance’, accesorios de un tribalismo, en este caso gallego, algo forzado y que pone de manifiesto la dificultad que al margen del flamenco, muy evolucionado, trabajado desde hace décadas en talleres y laboratorios, tiene el folclore de nuestra España diversa para ponerse al día y salir del agro y las enaguas”.
Un “tribalismo forzado” que nada ten que ver para determinados sectores españois co que, para eles representa España, o “flamento”. Por iso, hai quen nos últimos días, e sen ser oriundo de Galicia, sae en defensa da música e da letra que representa Terra. E non teñen reparos en dicir alto e claro que hai a unha parte de España que non lle gusta recoñecer que este estado é “plurinacional, plurilingüístico e pluricultural”: