O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixencias (CiTIUS) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) colaboran nunha nova iniciativa, o Proxecto Nós, a través do cal pretenden poñer a intelixencia artificial ao servizo da lingua galega, para así acadar a total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxico.
Este luns 23 de maio, a…
O recoñecemento da pluralidade lingüística como principio básico da nova Lei do Audiovisual é o que demandan asociacións das diferentes linguas do Estado. A través dun comunicado conxunto emitido o pasado 20 de maio, pedían “actuacións nun dos ámbitos onde a situación de exclusión das nosas linguas é máis evidente”.
Representantes de A Mesa pola Normalización…
A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra firman un convenio para desenvolver un estudo sobre a o ensino da sociolingüística nos institutos. Con este proxecto, pretenden analizar os contidos do bloque Lingua e sociedade da materia Lingua galega e Literatura, para así contribuír a garantir o futuro do galego.
As demandas e expectativas do profesorado…
Só o 0,004% dos contidos da rede están en galego. Este é un dos datos que reflicten a preocupante situación da presenza do idioma en internet. W3Techs actualiza diariamente unha estimación sobre datos na rede, outorgando ao galego o número 59 en canto a presenza de contidos en Internet.
Con todo, a situación do idioma na…
Suso de Toro, Inma López Silva e Xesús Fraga son os autores que optan ao Premio Novela Europea na modalidade de Novela traducida a outra lingua europea dentro da sección de idioma galego.
O Casino de Santiago acolleu un acto no que se deron a coñecer aos finalistas da categoría, que está dividida en dúas seccións:…
“Estamos fartas de recibir odio por facer contido en galego”, afirma a tiktoker burelesa @paulablackmakeuplover . Faino a través dun vídeo no que participan unha ducia de creadores de contido, que se mollan polo 17 de maio, día das Letras Galegas e animaron a participar na manifestación de Querremos Galego.
@Letidataberna é outra das tiktokers que…
A figura de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) e a reivindicación do galego son as protagonistas deste 17 de maio, Día das Letras Galegas. En todo o territorio galego diferentes actos celebrarán o día das Letras Galegas, e renderán homenaxe ao autor de Valdeorras. Dende música e exposicións ata manifestacións, lembrarán ao homenaxeado deste ano, así…
O galego segue a romper fronteiras, desta vez da man de Carolina Rubiosa. A cantante galega, co seu tema O teu camiñar, acadou o segundo posto do Liet Internacional, tamén coñecido como Eurovisión das linguas minoritarias.
Cun total de 118 puntos, a galega só quedou a un punto da gañadora, Doria Ousset, que presentou o seu…