A través do programa TeCE Redes, a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca fomentar o uso e presenza do galego dotando cunha cantía duns 10.000 euros diferentes proxectos culturais. Os beneficiarios destas axudas veñen de ser publicados, sumando un total de 52 propostas de carácter moi diverso.
Dende producións de videoclips, a libros ilustrados, pasando por…
A entidade Amigos do Libro Galego/Artes e Letras, vén de publicar Fisterra, unha obra composta por 40 relatos curtos inéditos que percorre a tradición narrativa galega. Méndez Ferrín, Marina Mayoral, Darío Xohán Cabana ou Olga Novo son algúns dos autores que se atopan entre as máis de 450 páxinas que conforman a obra.
Un “encontro virtual…
Concentrar calidade literaria en galego nun número limitado de palabras é o que premiou a Real Academia Galega no V concurso de microrrelatos, que organizou xunto coa entidade PuntoGal. A pesar das súas diferenza de idade dos galardoados, todos eles teñen algo en común: a escritura en galego.
Tras recibir 900 historias de ata 200 palabras,…
Dende o 2006 o Premio Narrativa Breve en lingua galega busca promover a creación literaria na nosa lingua, outorgando un total de 12.000 euros á persoa gañadora, así como a publicación da obra por parte da Editorial Galaxia.
O certame, promovido pola Fundación Repsol e a Xunta de Galicia busca fomentar a cultura e a lingua…
“Máis dun millón de galegas e de galegos aprenderon a falar coa lingua galega. Mais esta é unha tendencia á baixa. A meirande parte das que hoxe teñen menos de 50 anos criáronse falando castelán”. Con este dato comeza a reportaxe Neofalantes, unha oportunidade para o galego, que pon en valor o papel do neofalantismo…
A V edición do premio Luis Porteiro Garea vén de premiar a Xosé Manuel Beiras Torrado, político e ex profesor da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela. Con este galardón, a USC recoñece o “papel activo na promoción do uso do galego no ámbito da xestión, tanto como director de departamento…
O pasado 21 de xuño, o deseñador gráfico Antón Lezcano propoñía a través da súa conta de Twitter o cambio do nome e escudo do Real Club Deportivo de La Coruña. Tendo en conta o uso do castelán, o deseñador chamou á “(r)evolución”, pedindo que se cambie o nome e o escudo por Real Club…
Aínda que non o pareza, estes son tempos bos para o galego. Si, as enquisas, os sondaxes e todas as ferramentas estadísticas dinnos que a situación é preocupante, algúns din que é grave e aínda desesperada, e outros que a apocalipse está máis perta agora ca no franquismo.
Pero non, non é para tanto. Ou, mellor…