“Falar unha lingua é unha cuestión de vontade, nada máis“, afirmou o cantante e narrador infantil Paco Cerdeira, ‘Pakolas’, na súa intervención da sétima edición do proxecto LGx15. Cerdeira nado e criado en México, veu a Galicia no ano 1999. No país americano, o seu pai era galegofalante, polo que os mexicanos non o entendían.
O seu primeiro círculo de amizades en Santiago de Compostela estaba formado por, nas súas palabras, “compostellanos“, é dicir, cidadáns da capital que falan castelán. Pouco a pouco achegouse o mundo do galeguismo. Dende hai 16 anos é parte de grupos de música infantil en galego, Mamá Cabra e a Gramola Gominola. Nos últimos anos adícase ao seu proxecto máis persoal: Pakolas. Baixo este nome, tamén produce canción e narración en galego para os máis cativos.
Cerdeira narra algunhas situacións nas que se “enfadou” co galego. Unha delas foi cando intentou sacar o carné de conducir e unha sinal en galego normativo fíxolle cometer un erro que lle fixo suspender o exame. Todo a súa intervención consta dun sentido do humor e ironía que facilitan o seu seguimento.