Chega a oitava edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, a iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua.
ESte oitavo LGx15 incluirá oito charlas breves, nas cales se transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos…
María Vázquez é unha das intérpretes galegas máis coñecidas dentro e fóra do país pola súa extensa traxectoria nos eidos teatral e audiovisual, referendada por diversos galardóns nos últimos anos. Formada no Estudo Internacional do actor Juan Carlos Corazza e no Teatro da Danza de Madrid, conta con estudos de danza e música no Conservatorio…
"Falar unha lingua é unha cuestión de vontade, nada máis", afirmou o cantante e narrador infantil Paco Cerdeira, 'Pakolas', na súa intervención da sétima edición do proxecto LGx15. Cerdeira nado e criado en México, veu a Galicia no ano 1999. No país americano, o seu pai era galegofalante, polo que os mexicanos non o entendían.…
Esta primeira semana de febreiro estivo marcada pola presentación de dous proxectos que promoven o uso do galego na rede. Ambos utilizan o vídeo para divulgar diferentes elementos da lingua galega. O primeiro, as "Brincadeiras da lingua", unha serie de vídeos difundidos polo Portal da Lingua Galega sobre os ditos e os recitados infantís tradicionais.…