Será o próximo 2 de setembro cando a plataforma Amazon Prime estree a serie “O señor dos aneis: o poder do anel“, que tamén se poderá ver con subtítulos e dobraxe en galego. Así o anunciou a Secretaría Xeral de Política Lingüística na súa conta de Twitter, quen aplaude o estreno, que se suma ás traducións dos libros de Tolkien.
En España, a serie estará dispoñible na plataforma a partir das 03.00, e será o 14 de outubro cando se emita o último episodio. En total, haberá ata 8 entregas que de forma semanal achegarán está nova serie da saga inspirada nas obras da famosa saga inspirada nas obras de J. R. R. Tolkien. “Os aneis do Poder” levarán ao espectador á Segunda Idade da historia da Terra Media, viaxando uns 3.000 anos antes dos feitos que se coñecen grazas a O señor dos Aneis e O Hobbit.
Cada vez son máis os títulos de filmes e series que se poden consumir en galego, froito do traballo da Lei do Audiovisual e a Iniciativa Xabarín. Dentro do traballo por partes das plataformas de contido audiovisual, destaca o obxectivo de Netflix, que acadará ata finais deste ano un total de 70 títulos en galego, o que se traduce en 200 horas de series e filmes subtituladas en galego e 20 horas de dobraxe.