“The Sea Beast”, a primeira película infantil dobrada en galego en Netflix

A “Iniciativa Xabarín” comeza a ter vitoris mateiriais. Tras a confirmación por parte de Netflix do impulso ao galego, ao catalán e ao euskera no seu catálogo fai dúas semanas, a plataforma vén de anunciar a primeira longametraxe infantil que será estreada con dobraxe en galego.

The Sea Beast é o título dunha película que fará historia para o galego en plataformas de streaming. O filme estrearase o 8 de xullo na plataforma de streaming. Será o primeiro contido infantil dobrado tamén ao éuscaro e ao catalán.

Por outra banda, como comunica A Mesa vía Twitter, xa se pode configurar o audio da plataforma en galego. Ademais, detectaron algúns erros fonéticos na dobraxe no tráiler do filme. “Por esta razón poñerémonos en contacto con Netflix para que teñan en conta a calidade lingüística das dobraxes”, informan. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará