Un grupo de estudantes do IES Rafael Dieste de A Coruña vén de lanzar un novo reto lingüístico de alcance nacional: conseguir que o Real Club Deportivo utilice o topónimo oficial da cidade a partir da tempada 2025-2026, coincidindo coa celebración do 120 aniversario do club.
A campaña, impulsada polo proxecto ‘Aquí tamén se fala’, propón que o equipo adopte formalmente a denominación ‘Real Club Deportivo da Coruña’, un nome que moitas xeracións de seareiros xa empregan de maneira habitual, pero que nunca foi oficializado polo club. A iniciativa, liderada polos docentes Alberto Pombo, Arcadio González e Mónica Reigía, parte da vontade da mocidade de normalizar o uso do galego nos espazos simbólicos máis representativos da cidade, como o estadio de Riazor.
Máis información en Xornal da Coruña