Carmen del Río: “Se perdemos o idioma, perdemos a nosa identidade”

Carmen del Río Ferreiro ten 22 anos. É unha xornalista de Ordes que ten claro porque decidiu mudar de idioma. Foi cando tiña 16 anos e comezou o Bacharelato. “Cambiei de idioma porque me sentín identiticada sempre coa cultura galega. Non tiña sentido falar castelán cando a sentía como unha lingua allea“, lembra.

Asegura que a súa familia “recibiuno ben” aínda que algúns compañeiros comentáronlle “que era raro pero acostumaronse rápido”. “Falar galego é un elemento básico da nosa cultura e do noso país. Se perdemos o idioma, pois perdemos unha parte importatne da nosa identidade”, suliña.

Por iso, insiste en que a defensa do idioma “ten que nacer desde as institucións, desde as ecolas, non só de nós porque vemos como moitos rapaces falan galego na casa e cando chegan á escola cambian ao castelán”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará