Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Xa podes xogar ao ‘Wordle’ en galego

Nos últimos días, Tuiter encheuse de chíos nos que aparecía a palabra Wordle e un cadrados con cores (gris, verde, amarelo). Nun principio os tuiteros andaban confusos ata que se decataron que se trataba dun xogo web que consiste en averiguar unha palabra cada día. Este pasatempo que inventou o estadounidense Josh Wardle, xa ten a súa versión en galego.

A versión en inglés xa conta con 300.000 participantes, e o galego Abraham Martínez García foi quen adaptou o Wordle ao galego. Como recolle Praza.gal , trátase dun “xogo de acceso libre, para o que non hai que rexistrarse, e sen anuncios. Cada 24 horas hai unha palabra nova de 5 letras para descrifrar. A dinámica do xogo lembra á do Mastermind polo código de cores que emprega para sinalar se unha letra aparece ou non na palabra a descubrir nesa data, ou se está na posición correcta”.

Abraham fixo pública a súa versión o martes 11 de xaneiro pola mañá. As respostas non tardaron en chegar, dándolle os parabéns e compartindo a súa iniciativa.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.