O catalán acaba de converterse no idioma 63 da famosa platafora Spotify. Un feito que se produce logo de que o todopoderoso FC Barcelona asinara un acordo con esta copañía para impulsar o catalán nesta plataforma.
"Neste outubro actualizamos a experiencia móbil de Spotify para apoiar a lingua catalá, facendo o noso app máis accesíbel a…
O pasado 15 de xuño na Inspección Académica en Baiona, ao suroeste de Francia, ducias de pais e profesores mobilizábanse na defensa do euskera. O movemento Azterketal Euskaraz (que significa Exames en Euskera) pide que na zona francesa con fala euskera os alumnos tamén poidan ser examinados nesta lingua.
Coincidindo co período de exames, tanto…
A través da declaración Galeusca pola diversidade linguística e cultural no âmbito educativo, as Escolas de Ensino Galego Semente, xunto con Ikastolen Elkartea de Euskal-Herria e La Bressola, de Cataluña, as tres institucións uníronse en favor das linguas e dunha educación autocentrada nas realidades nacionais de cada unha das súas comunidades. A declaración foi presentada…
Galego, éuscaro e catalán contarán cun informe bianual sobre a situación das respectivas linguas, así como unha mostra multidisciplinar para visibilizar a cultura creada arredor destes tres idiomas. Representantes do Consello da Cultura Galega, o Insitut Ramón Llull, o Etxepare Euskal Institutua e o Instituto Cervantes propuxeron esta acción conxunta para poñer en valor as…
O Senado votou a prol de incluír unha emenda nos Orzamentos Xerais do Estado de 2022, polo que as contas públicas terán que volver ao Congreso dos Deputados para a súa votación o próximo 28 de decembro, cando quedarían definitivamente aprobados para a súa entrada en vigor o 1 de xaneiro.
Así, o Goberno non vai poder…
A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, confirmou que haberá cotas de contido audiovisual en linguas cooficiais para todas as plataformas . Unha medida que foi pactada co grupo parlamentario de Esquerra Republicana de Cataluña (ERC) e que "veñen protexidas por unha serie de axudas públicas". Isabel Rodríguez expresouse así durante a…