Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Semana clave en Bruxelas para a oficilidade do galego, euskera e catalán

Semana clave en Bruxelas para a oficialidade do catalán, o galego e o eúscaro na UE, un dos asuntos centrais da presidencia española da Unión 2023, e vertebral no acordo de investidura entre PSOE e Junts. A votación levará a cabo este martes no Consello Europeo e, aínda que se necesita unanimidade para que salga adiante, pero, polo menos, unha decena de países están en contra ou manteñen dúbidas.

O debate o debate sobre a oficialidade das linguas volve ao Consello Europeo dous anos despois. Foi en 2023 durante a presidencia española, cando o goberno tentou solicitar apoios para impulsar a súa oficialidade. Propuxo o debate no Consello de Asuntos Xerais, pero non se chegou a celebrar a votación por falta de apoios. E agora podería ocorrer o mesmo.

A presidencia polaca meteu de novo o debate, a petición do goberno de España, na orde do día da reunión deste órgano que se reúne o vindeiro martes. Pero o proceso para que salga adiante non é sinxelo: necesítase a famosa unanimidade dos 27. E fontes diplomáticas confirman que polo menos 11 países están en contra ou manteñen dúbidas. Aquí estaría Alemaña, Chequia ou Polonia. Nos si países como Bélxica ou Portugal. Esas mesmas fontes confirman movementos por parte de España para solicitar apoios in extremis. Vía Cadena Ser.

 

Deixe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.