A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración en apoio da única toponimia oficial de Ourense esta quinta feira (xoves) diante dos xulgados desta urbe, coincidindo co xuízo polas supostas actuacións nun balado que promovía a deturpación do nome da cidade das burgas impulsado desde a entidade Hablemos Español. A mobilización terá por lema Ourense polo seu nome e…
Ortigueira é o concello de Galicia con máis núcleos de poboación deshabitados, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, máis dun cento as entidades na actualidade. No que vai de século XXI, a poboación reduciuse un 40 % e hoxe o 46 % dos seus habitantes teñen 60 anos ou máis. A estes preocupantes…
“Media hora se tiraron unos amigos buscando San Ciprian, hasta que caí en la cuenta que la mierda de señales lo llaman San Cibrao”. Así é a crítica dunha usuaria en Twitter, que manifestaba o seu descontento ante a “traba” que supoñen os topónimos galegos para os turistas.
O comentario foi a resposta a unha publicación…
“Selecciona tu Comarca”, pide a páxina web Muller Dixital, un programa impulsado pola consellaría de Emprego e Igualdade. Unha vez accedes ao buscador da comarca, como se require no cuestionario, poderás seleccionar entre lugares como Noya, La Coruña, Jallas, Órdenes ou Mellid.
A castelanización dos nomes sorprendeu a varias usuarias de Muller Dixital, unha web…
A Real Academia Galega, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Galega de Onomástica, organizará un congreso internacional sobre a toponimia nos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela.
Do 21 ao 23 de setembro, a Facultade de Filoloxía da USC reunirá expertos de institucións académicas galegas, españolas e europeas que…