A sétima edición do programa 21 días co galego e + arrancou hoxe coa participación dunha decena de centros de Educación Infantil e Primaria das catro provincias galegas. A iniciativa, promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, desenvolverase ata o 21 de febreiro, coincidindo co Día da Lingua Materna, e ten como obxectivo estimular…
A primeira edición do Campus da Regueifa, celebrada en Vilalba, reuniu durante tres días a 23 mozos e mozas procedentes de distintas localidades de Galicia, como Vigo, Portosín, Monforte ou Compostela. Entre eles destacou a participación de Celtia Vázquez, representante da Escola da Regueifa de Carballo, consolidando así a comarca de Bergantiños como un dos…
Vilalba será o escenario do I Campus de Regueifa RegueiNov+s - Regueifesta, un evento que se celebrará os días 17, 18 e 19 de xaneiro e que reunirá a mozos e mozas de entre 12 e 16 anos de toda Galicia. Organizado polo IES Basanta Silva e o Proxecto Regueifesta, o Campus busca consolidar a…
Nihal Neggaz e Wiame Taoufiq son dúas rapazas de Marrocos, pero presumen de neogalegas e de galego. As dúas son alunas do IES Marco do Camballón, de Vila de cruzes, e as dúas decidiron romper tópicos e deixar claro que tamén hai fillos de migrantes, como elas, que poden falar, regueifar e gozar coa nosa lingua,…
Con motivo da celebración do Día Internacional do Patrimonio, o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), organiza a "I Xornada de Patrimonio Inmaterial" na que serán abordados o patrimonio oral, ritual e cultural. A cita ten lugar en Vilalba e pon comezo a tarde deste venres, a partir das…
A sexta edición do certame Enreguéifate, impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo xa ten gañadoras nas diversas categorías. As pezas serán galardoadas o vindeiro 14 de abril no Auditorio de Galicia na Gala Enreguéifate-Regueifesta.
O xurado composto por Socorro García, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago; Carme Pereiro, normalizadora lingüística do Concello de Carballo; Manolo…
O certame 'Enreguéifate' 2022-2023 pechou o pasado venres o prazo de inscrición, tras recibir un total de 43 vídeos de regueifas, 35 deles na categoría escolar e 8 na xeral. As propostas chegan desde todos os puntos da xeografía galega, como Carballo, Burela, Compostela, Pontevedra, Teo ou Ames.
A fase de votación do xurado comeza hoxe mesmo e estará composto por Socorro García, técnica…
O concepto Regueifesta nacía alá polo 2015 da manda da asociación ORAL. Pronto a Costa da Morte convertíase en epicentro deste proxecto de transmisión patrimonial interxeracional gracias á implicación do IES Maximino Romero de Lema e do seu mestre Manolo Maseda. 2018 foi o ano da efervencencia, coas regueifeiras tomando as aulas do país e…