A Deputación da Coruña presentou este martes o programa 'O galego e as redes sociais' que desenvolve en colaboración con Orgullo Galego co obxectivo de fomentar o uso deste idioma e de mostrar os contidos que se están desenvolvendo entre os mozos.
A responsable da área de Língua do organismo provincial, Soidade Agra, e o creador…
Mestras e mestres de todo o territorio empregan, logo dun ano dende o comezo da súa actividade, o contido pedagóxico en galego publicado na conta de Instagram @mestraru. Para Ruth Froufe, a creadora, o exemplo e “motivación” para o uso do idioma e “valorar a Terra” vén da sociedade. A mestra, que olla unha “realidade…
O programa anual 'Outono Gastronómico', impulsado dende Turismo de Galicia, espertou nesta décimo oitava edición un gran interese entre as usuarias e usuarias das redes sociais. A través de creadores de contido, ou 'Embaixadores de Galicia', foi impulsado o produto autóctono mediante diferentes actividades e accións coa gastronomía da terra como protagonista. O alcance obtido…
Xa pola súa cuarta edición, o concurso #DígochoEu ten aberta a convocatoria deste ano na que lle propoñen ao estudantado galego de Primaria e Secundaria a creación dun vídeo de menos dun minuto sobre un tema próximo á súa contorna. Orixinalidade e innovación son as máximas que propoñen ao estudantado para conseguir, como nas edicións…
Dende equivalencias de extensións a unha reformulación da bandeira ―con explicación da simboloxía incluida―, o veciño mahián e estudante de MIR Eduardo González traslada Galicia ao Mundo, sen olvidar acoller este na casa, a través de infografías, mapas e cuestionarios que comparte na súa conta de Instagram. O seu é un exemplo que constata a…
A oitava edición dos Premios Youtubeiras+ supón un renacemento deste recoñecemento polo emprego da lingua galega en redes sociais coa apertura da participación de creadores de TikTok, ademais dos da plataforma de vídeos. Existen, tamén, novas categorías de premios ás que aspiran os participantes que, ata as 23:59 horas deste venres 15 de novembro, se…
“Media hora se tiraron unos amigos buscando San Ciprian, hasta que caí en la cuenta que la mierda de señales lo llaman San Cibrao”. Así é a crítica dunha usuaria en Twitter, que manifestaba o seu descontento ante a “traba” que supoñen os topónimos galegos para os turistas.
O comentario foi a resposta a unha publicación…
Podes usar Microsoft Office en galego, ao igual redes sociais como Twitter ou Facebook e ter o galego presente alá onde esteas. Se ter algunha dúbida, poderás descargar de forma doada o Dicionario da Real Academia Galega cun só “click” ou acudir ao dicionario de castelán-galego de Rinoceronte Editora. E todo isto de maneira sinxela!
Así…