A V edición do premio Luis Porteiro Garea vén de premiar a Xosé Manuel Beiras Torrado, político e ex profesor da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela. Con este galardón, a USC recoñece o “papel activo na promoción do uso do galego no ámbito da xestión, tanto como director de departamento…
A literatura creada por veciños de Santiago de Compostela ten premio. Un total de 3.000 euros máis a oportunidade de pasar un mes na Residencial al Mamal de Xerusalén é o premio que ofrece a primeira edición de Exeria, que busca recoñecer a proxectos literarios feitos en galego.
Esta primeira edición do Premio Exeria ten…
O proxecto Somos Xogo convoca o certame "Xoga en galego", un concurso que pretende dinamizar o uso do galego no ámbito lúdico. O certame, dirixido a un público infantil e familiar, céntrase nos xogos de mesa, a través dos cales busca a dinamización lingüística e impulsa a creatividade.
Ata o 20 de maio do 2022, as…
A Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo está a levar a cabo un novo volume do libro A lingua galega en 2050. Dentro deste exemplar incluirase o texto do gañador do Premio A lingua galega en 2050 no que fará unha reflexión prospectiva sobre a situación social da lingua galega a mediados…
O autor Xosé Monteagudo recolleu este luns o Premio Narrativa Breve Repsol na XV edición do certame en recoñecemento á súa obra 'Eternity'. O escritor foi galardoado cun montante de 12.000 euros.
Nesta ocasión, Monteagudo impúxose no certame e a súa obra foi seleccionada entre unhas 38 propostas orixinais e inéditas en lingua galega da presente edición. O…
A escritora coruñesa Blanca Riestra foi elixida gañadora do XL Premio de novela longa Eduardo Blanco Amor pola súa obra 'Aquí empeza o mar', presentada baixo o lema 'O sumidoiro', e na que retrata a cidade da Coruña a través de diversos momentos da súa historia.
Diso informou a Deputación de Ourense nun comunicado, no que sinala que a novela gañadora foi…
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) vén de convocar os III Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística. O prazo para inscribir os proxectos estará aberto dende hoxe ata o 31 de xaneiro de 2022. E aínda…