Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

 Queres entrar no universo Galetiktokers?

O certame Galetiktokers, organizado polos departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames, volve por terceiro ano consecutivo co mesmo gallo de estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e visibilizar a comunidade galega na rede social TikTok.

A rapazada a partir dos 13 anos poderá participar cos seus vídeos en galego ata o 21 de outubro, enviando a súa creación audiovisual e esta ficha de participación ao enderezo electrónico galetiktokers22@gmail.com.

Os vídeos teñen que estar en lingua galega e deben ser de creación propia a través da aplicación TikTok ou dos reels de Instagram. Será obrigatorio que a lingua teña presenza. Esta presenza da lingua poderá ser de xeito oral, escrito ou musical.  A emática é totalmente libre e a  duración de cada peza deberá estar comprendida entre os 15 e os 60 segundos.

Neste senso, a contía dos premios triplícase con respecto ao ano pasado, con seis galardóns de 300 euros que se repartirán nunha gala o sábado 5 de novembro, na Casa da Cultura do Milladoiro. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases ao completo do III Certame Galetiktokers.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.