Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Vitamina G gaña os Educacompostela cun proxecto audiovisual para fomentar o uso do galego entre o alumnado

O proxecto Vitamina G, presentado por Mariña Lema Blanco, natural de Cabana de Bergantiños, conseguiu o primeiro premio da XVII edición dos Premios Educacompostela, convocados por Nova Escola Galega en colaboración co Concello de Santiago de Compostela. A iniciativa propón fomentar o uso do galego nos centros educativos mediante recursos audiovisuais protagonizados polo propio alumnado,…

A RAG premia o proxecto ‘Aquí tamén se fala!’ polo seu traballo entre a mocidade e o alumnado migrante

A Real Academia Galega (RAG) entregou este mércores ao IES Rafael Dieste da Coruña o Premio 'Na lingua que eu falo', un recoñecemento destinado a iniciativas que destacan polo seu traballo a prol da normalización do galego. O galardón recaeu nesta ocasión no proxecto 'Aquí tamén se fala!' (ATSF), impulsado desde o propio centro educativo…

Antón Santamarina recibe o Premio Porteiro Garea tras máis de seis décadas dedicadas ao estudo do galego

O catedrático emérito de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela Antón Santamarina Fernández recibiu este mércores o IX Premio Luís Porteiro Garea, co que a USC recoñece a súa contribución ao coñecemento, estudo e normalización da lingua galega. A Universidade salientou o seu papel como unha das figuras da lingüística galega contemporánea e…

Un oso, letras e moito vocabulario: así é ‘ArgaQuest’, o videoxogo galego creado nun instituto da Coruña

Aprender unha lingua pode resultar complexo, especialmente cando os métodos tradicionais non conseguen conectar cos intereses das novas xeracións. Con esa idea como punto de partida naceu 'ArgaQuest', un proxecto impulsado polo IES Fernando Wirtz da Coruña que aposta polos videoxogos e a tecnoloxía como ferramentas para fomentar o uso do galego entre a mocidade.…

A Universidade de Vigo convoca o V Premio de Investigación Xurídica en Lingua Galega

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo vén de convocar o V Premio de Investigación Xurídica en Lingua Galega Xosé Luis Franco Grande, unha iniciativa orientada a fomentar o uso do galego no ámbito académico e xurídico. O certame está promovido pola Coordinación de Normalización e Política Lingüística do centro…