Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Poesía, Afundación, a Obra Social de Abanca, xunto coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Centro PEN de Galicia, anunciaron a convocatoria da vixésimo cuarta edición do Premio de Poesía, unha iniciativa orientada a promover o uso do galego na creación poética.
O certame está aberto…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, puxo en valor o papel do festival Alguén que respira! como escaparate da creación poética en galego e como unha iniciativa que contribúe ao prestixio da lingua a través da literatura. Fíxoo durante a presentación da nova edición do certame no Pazo de Raxoi, onde destacou a relevancia…
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo abriu unha nova convocatoria do seu certame literario en lingua galega, unha iniciativa que busca fomentar a creación e o uso do idioma entre a comunidade universitaria. O concurso inclúe tres modalidades —poesía, relato curto e tradución— e conta cun orzamento total de 3.600 euros en…
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Xuventude, vén de convocar unha nova edición do concurso en liña #LinguaDeNamorar, unha iniciativa dirixida á mocidade de entre 14 e 35 anos que promove a creación de mensaxes de amor en lingua galega.
O certame…
A obra Latextos, de Beatriz Dourado, foi a escollida polo xurado como receptora do Premio Arume de Poesía para a Infancia, convocado pola Fundación Neira Vilas e os colaboradores Deleite e a asociación Galix. A gala de entrega ten lugar este venres a partir das 19:00 horas en Santiago de Compostela, nas instalacións do Auditorio…
No 2019, Sesé Mateo puido articular a "última palabra" coa publicación de No camiño do vento. A súa gorxa, "ollada crítica" e posicionamento optimista ante a vida rexurdiron, pese ao intento de ser silenciados no 2017 co seu asasinato, grazas ao traballo recompilatorio e de edición entre familiares, amigos e un grupo de mulleres pertencentes…
Yolanda Castaño foi galardoada co Premio Nacional de Poesía, correspondente ao ano 2023, pola súa obra 'Materia', a proposta do xurado reunido este 27 de setembro. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 30.000 euros. O xurado destacou a súa obra "pola poderosa proposta poética na que cada estado da materia…
A frecuencia dos topónimos é extremadamente significativa nas composicións de temática ecolóxica etiquetables baixo o termo emerxente ecopoesía. “A análise da (micro)toponimia representada nestes textos, especialmente nos que teñen como tema a defensa de espazos agredidos, revela unha serie de estratexias asociadas ao reforzo da identidade, a resistencia e a ecoloxía dos nomes”, salienta María Xesús…