“Máis dun millón de galegas e de galegos aprenderon a falar coa lingua galega. Mais esta é unha tendencia á baixa. A meirande parte das que hoxe teñen menos de 50 anos criáronse falando castelán”. Con este dato comeza a reportaxe Neofalantes, unha oportunidade para o galego, que pon en valor o papel do neofalantismo…
Ao falarmos de odiseas, Sabah é unha auténtica aventureira, das que xa non quedan. Orixinaria de Rabat, Marrocos, fai catorce anos que emprendeu unha viaxe que a cambiaría para sempre. ¿O seu destino? Galicia.
Cando decidiu dar o paso e vir á esquina noroeste, fíxoo coa súa parella. Arribaron a Porto do Son, onde reside…
No barrio de barcelonés de Sants o galego ten o seu propio espazo. Cada semana, un grupo de alumnas reúnense cun mesmo obxectivo: aprender galego. Entre castelán, alemán, francés, inglés, italiano, catalán, éuscaro e árabe, na Aula d’Idiomes tamén está presente o galego.
A existencia de persoas que querían aprender galego en Barceola era evidente. O…
Xabier Pérez, orixinario da Coruña, é a persoa que se atopa tra-la canle de YouTube AstroXabi, un espazo divulgativo no que o estudante de matemáticas comparte os seus coñecementos sobre astronomía. Dende abril de 2021, Xabier sube vídeos nos que explica diferentes conceptos teóricos e prácticos á vez que comparte consellos para que o seu…
Os faladoiros son espazos de comunicación en lingua galega para quen quixer mellorar a súa competencia oral. Un lugar de aprendizaxe conxunta onde se perfecciona ou se inicia no uso do galego. Os Faladoiros de Vigo levan bastante tempo promovendo o uso da lingua nunha cidade que destaca pola baixa porcentaxe de galegofalantes.
En marzo puideron…
“Hai unha falta de planificación de prestixio do idioma. Ti podes dar poder a unha lingua, pero non podes asegurar que a xente a siga falando”. Este é parte do diagnóstico sobre a situación do galego que fixo Anik Nandi, sociolingüista bengalí experto na transmisión interxeracional da nosa lingua. Segundo el, "fai falta abrir outros camiños” para…
A ferrolá Marta Salutregui botouse a falar galego de xeito progresivo: primeiro a través das redes, logo con persoas descoñecidas, máis adiante coa familia e amizades… Ao longo deste camiño, tamén creou unha iniciativa que foi lugar de xuntanza para persoas neofalantes e que lle serviu como plataforma para unha sorte de “saída do armario”…
"Falar unha lingua é unha cuestión de vontade, nada máis", afirmou o cantante e narrador infantil Paco Cerdeira, 'Pakolas', na súa intervención da sétima edición do proxecto LGx15. Cerdeira nado e criado en México, veu a Galicia no ano 1999. No país americano, o seu pai era galegofalante, polo que os mexicanos non o entendían.…