Un chío de Twitter ás portas do aninovo do 2018 serviu para que Alba Rodríguez se comprometese consigo mesma a falar galego máis a miúdo. Van case tres anos daquel momento en que decidiu ser neofalante e hoxe en día séntese moi orgullosa de ter feito esta mudanza. Conta que as redes sociais foron as…
“Se na casa a lingua era o galego e a maior parte poboación que nos circundaba falaba galego, por que estabamos optando por outra lingua que non era a natural?”. Esta pregunta que o músico e escritor Xurxo Souto se fixo a si mesmo alá por primeiro de BUP foi o xerme dunha conversión lingüística…
Por onde comezo?, E que pasa se me trabuco seguido?, Como vai reaccionar a miña familia e as miñas amizades? Cambiar dunha lingua para outra na vida cotiá non é tarefa fácil. O idioma que cada quen emprega para comunicarse no día a día forma parte da identidade persoal, e comezar un proceso de conversión…
“Son paleofalante saído do armario”. Así é como se define Juan Vergara, un vigués de 38 anos que agora está asentado en Bruxelas e que ao cumprir os vinte decidiu deixar de agochar a súa lingua materna, a lingua galega, nas conversas que mantiña na rúa, na escola ou en calquera outro espazo público. Dito…
A tiktoker, creativa, comunicadora e "adestradora emocional" @baiafernandez dá uns interesantes consellos, cun gran toque de humor, de como os neofalantes debemos utilizar os pronomes
Hai xeitos e xeitos de axudar aos neofalantes, desde os que colgan na rede manuais para aprender o idioma, aos que colaboran en faladoiros, tanto falando en galego para que outros aprendan como impulsando ferramentas tecnolóxicas para facelo efectivo. Unha destas mentes desinteresadas, pero necesarias, para o futuro do idioma é Héctor Canto (Canarias; 1985).
Canto…
«N unca choveu que non escampara» é unha das súas máximas feita canción. Criada entre a música clásica e as verbenas, Lydia Botana(Fonteculler, 1984) é unha muller de raíces que loita cantando polo mundo adiante por que non lle corten as ás. Unha vez esqueceu quen era, pero nunca o nome da súa terra. Ela pon a…
Dúas iniciativas, Faladoiros en Vigo e un grupo de falantes a través das RRSS en Ferrol están animando ao uso do galego nestas dúas cidades. Fano a través das novas tecnoloxías. A estes proxectos asisten tamén persoas de fóra de Galicia e mesmo de fóra do Estado.
Faladoiros naceu como unha maneira de fomentar a aprendizaxe…