O concello de Quiroga afronta este venres, 28 de agosto, unha tarefa de grandes dimensións: recuperar boa parte dos nomes tradicionais cos que durante xeracións a veciñanza identificou leiras, camiños, fontes, penedos, regos, montes e outros elementos da paisaxe. A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra retoma aquí o seu percorrido despois da…
A desaparición dunha pedra, dun camiño, dunha fonte, dunha fraga ou mesmo dunha aldea non implica unicamente unha transformación física da paisaxe. En moitos casos supón tamén a perda do nome co que ese espazo foi identificado durante xeracións. Esta relación entre a modificación do territorio e a desaparición da toponimia será o eixo central…
A campaña 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chegará este venres, 5 de xuño, a Betanzos cunha charla aberta á veciñanza sobre a recolla e conservación da microtoponimia local. A sesión celebrarase ás 19:30 horas no Salón Azul do Edificio do Arquivo e terá como obxectivo explicar como calquera persoa pode colaborar na documentación…
O Concello de Redondela deu un novo paso na súa estratexia de recuperación e preservación do patrimonio cultural e lingüístico local coa presentación do libro dedicado á microtoponimia da parroquia do Viso, unha publicación que se integra no plan municipal de documentación dos nomes tradicionais do territorio e da memoria oral asociada a eles.
O…
Se os nomes dos concellos abren debates públicos e ocupan titulares, os microtopónimosviven moitas veces nun plano máis discreto. Son menos visibles, menos oficiais e, con frecuencia, menos discutidos. Pero constitúen unha das partes máis extraordinarias do patrimonio cultural galego. Falamos dos nomes das leiras, dos camiños, das pedras, das fontes, dos montes pequenos, dos…
Vicente Feijoo, filólogo da Real Academia Galega, é o coordinador técnico de Galicia Nomeada e responsable das charlas da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, unha iniciativa que leva anos percorrendo Galicia para concienciar sobre o valor da microtoponimia e promover a súa recolla mediante unha aplicación móbil colaborativa. Con máis de 90.000…
A Cidade da Cultura acolle a VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, organismo do Instituto Xeográfico Nacional no que participa a Real Academia Galega xunto a outras institucións de todo o Estado. O encontro reúne en Galicia algúns dos maiores expertos en toponimia e cartografía de España. A Real Academia Galega e a…
Conservar e poñer en valor a microtoponimia dos concellos de Pantón, Sada, Laza, Chandrexa de Queixa, A Fonsagrada, Covelo, Castrelo de Miño, Rodeiro, Fisterra, Ortigueira, Allariz, Oleiros, Ponteareas, Forcarei, Zas, Guntín e O Incio é un dos obxectivo da quinta edición de Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. Un ano máis, a Real Academia…