Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Concertos, teatro e cinema para estreitar lazos coa lusofonía na duodécima edición de Converxencias

A Xunta de Galicia reforza un ano máis a súa estratexia de colaboración coa lusofonía a través do apoio ao Festival Converxencias, que na súa duodécima edición programa un total de 16 actividades culturais entre Galicia e Portugal. O secretario xeral da Lingua, Valentín García , presentou hoxe o certame, que se desenvolve desde…

A JUPLP solicita maior protagonismo da mocidade na renovación do plan de normalización do galego

A Juventude Unida dos Países de Língua Portuguesa (JUPLP) dirixiuse ás comisións responsables da renovación do Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) para reclamar un papel máis destacado da mocidade no deseño das políticas de normalización do galego. A organización internacional, que promove a cooperación entre os territorios lusófonos, trasladou as súas propostas…

O Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade: “reforzando” o portugués en Galicia

A Xunta de Galicia puxo en marcha o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade, un órgano colexiado creado para servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia". Así o detallou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia, onde compareceu por petición propia para informar o…

O 2023, ano do Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade

A Xunta porá en marcha o próximo ano o Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade, tras o cumprimento de todos os trámites necesarios e as correspondentes audiencias e informacións públicas. Segundo indicou o Executivo galego nun comunicado, o obxectivo do observatorio é servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia e como foro permanente de…