A Xunta de Galicia puxo en marcha o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade, un órgano colexiado creado para servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia”. Así o detallou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia, onde compareceu por petición propia para informar o cumprimento da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento do portugués e vínculos coa lusofonía, coñecida comunmente como ‘Lei Paz Andrade‘.
Relatou o secretario xeral que desde a entrada de España como Observadora Asociada na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) en xullo de 2021, “a Xunta traballa para desenvolver todo o potencial desta asociación mediante a elaboración dun memorando deentendimiento de áreas comúns para as dúas partes, o que require un coñecemento exhaustivo e permanentemente actualizado da realidade lusófona en e desde Galicia”.
Valentín García achegou outros datos, como os relacionados co estudo do idioma. En base aos máis de 5.000 estudantes contabilizados de forma oficial, afirma que “o portugués xa está consolidado como unha das segundas linguas estranxeiras máis estudadas polos galegos, tanto nos institutos como nas escolas oficiais de idiomas e na Escola Galega de Administración Pública (EGAP)”.
A oposición mostrouse moi crítica coa comparecencia do secretario xeral. Tanto PSdeG como BNG censuraron que o Goberno galego non presentase no Parlamento o informe de avaliación sobre a aplicación da lei, co que “se infrinxe a propia norma”. Toda a información en Galicia Confidencial.