A artista galega Sheila Patricia foi seleccionada para participar no Lusofónica Stage da 28° edición de Womex, a Worldwide Music Expo. Este encontro musical celebrarase do 19 ao 23 de outubro.
A artista galega ofrecerá un concerto no que amosará parte do seu traballo, entre o que destaca o seu primeiro disco, Orixe, que destaca por utilizar ritmos e voces tradicionais. Importancia das mulleres, así como temas relacionados coa cultura propia, son o eixo dos seus temas, acompañados en numerosas ocasións por guitarras. A orixe da cantante, filla de nai galega e pai asturiano/arxentino, tamén se pode ver nas súas composicións.
Sheila Patricia chegará a Lisboa coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais. Máis non será a unica participación representando a culta de Galicia pois a Consellaría de Cultura, Educación, FP e Universidades prepara accións para difundir a “música de raíz” na capital portuguesa. Ademais, acudirán ao evento unha ducia de promotoras, tamén da nosa comunidade.
O Lusofónica Stage é un encontro internacional e itinerante que cada ano dá voz á cultura lusófona. O pasado ano, cando o encontro se celebrou en Oporto, sendo o segundo ano consecutivo no país veciño, foron as Tanxugueiras quen actuaron. Máis información en Cultura Galega.