O Concello de Santiago de Compostela aprobou este luns unha moción de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) Lingua Vital, promovida pola plataforma cidadá Queremos Galego co obxectivo de impulsar unha nova normativa que garanta o dereito ao uso do galego nos diferentes ámbitos da vida cotiá. A proposta saíu adiante cos votos favorables do…
A plataforma Queremos Galego iniciou este mércores a recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) 'Lingua Vital', unha proposta normativa elaborada coa participación de centos de organizacións e entidades sociais que busca garantir o uso e a presenza do galego en todos os ámbitos da sociedade. A campaña ten como obxectivo reunir 10.000 sinaturas,…
Os grupos de traballo do proceso social Lingua Vital xuntáronse este sábado en Compostela nun novo encontro destinado a analizar en profundidade as propostas remitidas por colectivos sociais e persoas a título individual ao longo das últimas semanas. Estas achegas foron recollidas nos encontros e plenarios organizados por Queremos Galego en 15 comarcas galegas, un…
A Mesa pola Normalización Lingüística participou esta fin de semana en Barcelona na Asemblea Xeral da European Language Equality Network (ELEN), unha cita centrada na necesidade de garantir que o desenvolvemento das novas tecnoloxías non comprometa a diversidade lingüística no ámbito europeo. O encontro reuniu representantes de múltiples organizacións e institucións comprometidas coa defensa das…