Ana é de Zumaia, unha vila costeira de Euskadi próxima a Donostia, pero leva anos asentada en Santiago de Compostela, onde chegou para cursar Filoloxía Hispánica. Filla dun galego de Cangas, a súa relación co país comezou nos veráns, mais foi ao instalarse en Galicia cando decidiu facer do galego a súa lingua de uso…
As televisións públicas de Euskadi (EITB), Cataluña (3CAT) e Galicia (TVG) anunciaron este mércores, no marco do foro Conecta FICTION & ENTERTAINMENT, a súa asociación para crear 'Pensión Incompleta', un proxecto de ficción gravado nas catro linguas oficiais do Estado: galego, eúscaro, catalán e castelán.
A serie -- aínda en fase de desenvolvemento e co inicio de…
O Consello da Cultura Galega reuniu recentemente especialistas do ámbito xurídico, académico e administrativo para afondar nun dos grandes temas pendentes da normalización lingüística: o papel do galego na xustiza e nos servizos públicos. A sesión, integrada no Fórum País coa súa Lingua, procurou ir máis alá do diagnóstico e centrouse na formulación de propostas…
María Otero Canabal (Forcarei, 2000), graduada en Dereito e Relacións laborais pola USC, vén de recibir o Premio Franco Grande de investigación xurídica en lingua galega pola UVigo polo seu traballo sobre as relacións laborais do servizo do fogar familiar. No mesmo fai unha análise xurídica deste sector desde a perspectiva da prevención de riscos.
Sobre…
O Bierzo tamén homenaxeou ás cantereiras cunha mostra na Escola Oficial de Idiomas na que se dá conta da importancia que a memoria oral e o traballo de moitas destas mulleres tiveron na transmisión das tradicións e da lingua galega.
O campamento de verán da escola Semente de Lugo terá lugar do 23 de xuño ao 24 de xullo nas súas instalacións da aldea de Barbaín, no edificio da antiga escola unitaria. Está aberta a matrícula para nenos e nenas entre os 3 e os 9 anos de idade, que poderán asistir ao campamento de 8:30 a 15:30,…
Na manifestación polas Letras Galegas desenvolta o sábado 17 de maio en Compostela había moitas mensaxes. Pero unha seguramente se convertirá na camiseta do verán: “Galego por diante”. Promovida pola Asociación ”Do galego ao portugués”, esta camiseta, aberta a todas as asociacións do país, busca facer reflexionar aos nosos políticos de que a nosa lingua tense que…
Semana clave en Bruxelas para a oficialidade do catalán, o galego e o eúscaro na UE, un dos asuntos centrais da presidencia española da Unión 2023, e vertebral no acordo de investidura entre PSOE e Junts. A votación levará a cabo este martes no Consello Europeo e, aínda que se necesita unanimidade para que salga…