'Termos esenciais de dereito procesual' é un glosario bilingüe (galego-español) que recolle máis de 1.000 conceptos relacionados con esta área específica. O volume foi presentado este martes 9 de maio nun acto que se desenvolveu na Facultade de Dereito e alberga a vontade de ofrecer unha visión panorámica e o máis completa posible da estrutura…
Xabi Vidal, de Donosti, levan uns anos vivindo en Santiago de Compostela e é Educador.
Desde que chegou á nosa terra apostou pola defensa da cultura popular, polo que decidiu comezar a falar en galego.
Explica que tivo moito apoio e que a xente animouno a falar a nosa lingua, pero recoñece que existe o estigma.
Aila Weng ten 26 anos e é do Barco de Valdeorras, aínda que agora vive na Coruña, xa que traballa como adestradora.
Leva menos dun ano falando galego, desde outubro, pero ten claro que para ela é "un privilexio poder contar coa lingua galega", polo que quere seguir fálandoa en todos os ámbitos da súa vida.
O Concello de Vilagarcía acolleu esta mañá a presentación do programa de actividades para os vindeiros meses de Alingua, Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega. A asociación, que é xestionada a través dos servizos de normalización lingüística de dezanove concellos, inclúe entre os seus obxectivos fundamentais promover e dinamizar o emprego do galego. Con…
Telmo Cillero, de 33 anos e nado na Coruña, sempre falou en castelán, pero un día decidiu mudar de lingua porque sabía que os seus antepasados falaran esta lingua.
Para el, "recuperar a lingua é cuestión de orgullo e de amor propio" e di que se sente moito mellor consigo mesmo desde que fala galego.
Simone Saibene é director de cine e naceu en Italia e xa comezou a ter interese polo galego alí.
Despois, decidiu vir a Galicia e desde 2012 fala galego asiduamente, xa que toda a súa vida é en galego.
En Ourense, ten un programa de televisión en Telemiño, un programa de radio en Onda Cero e tamén…
O número de persoas que estuda galego de forma oficial na rexión do Bierzo, en Zamora e León, ascende a 1.173, un 5 % máis que no curso pasado, segundo confirmou este xoves o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Nestas xornadas, organizadas no marco das celebracións do Día do Galego no Bierzo pola Comisión Cultural Martín Sarmiento,…
O Goberno galego deu luz verde á renovación dos convenios de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as universidades brasileiras de São Paulo e Río de Janeiro para "a docencia, investigación e promoción da lingua, literatura e cultura galegas".
A través destes acordos, as universidades asinantes comprométense a dar continuidade aos…