Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O galego continúa a súa promoción no Brasil

O Goberno galego deu luz verde á renovación dos convenios de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as universidades brasileiras de São Paulo e Río de Janeiro para “a docencia, investigación e promoción da lingua, literatura e cultura galegas”.

A través destes acordos, as universidades asinantes comprométense a dar continuidade aos estudos galegos nos seus plans vixentes, así como á organización de actividades, tanto no ámbito universitario como na súa área de influencia.

Así mesmo, no marco de promoción do galego no exterior, no que se convocan as bolsas de lectorados, ambas as universidades incorporarán “nos próximos meses” un novo lector que traballará baixo a dirección do responsable do Centro de Estudos Galegos destes centros.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.