Mònica Richart preséntase con sinxeleza: profesora de inglés na Escola Oficial de Idiomas de Viveiro (centro Luz Pozo Garza) e escritora, con dúas novelas publicadas en valenciano/catalán e unha terceira prevista para novembro. O seu punto de inflexión co galego chega en 2023, cando se prepara para un lectorado na Universidade de Santiago de Compostela. Anticipándose…
Un total de 18 concellos únense en Alingua, Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega que naceu co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. A organización xorde para lles dar resposta aos múltiples retos de futuro que o galego debe afrontar. Esta iniciativa conxunta trata de fomentar a cooperación entre…