Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Julia, neofalante de Washington, aprendeu galego coa familia, coa música e na aldea: “Se tes unha relación baseada na lingua, xa non tes vergoña”

Hai aproximadamente dez anos, cando Julia chegou por primeira vez a Galicia dende Washington DC, aínda non dominaba o castelán e o galego era para ela unha lingua practicamente descoñecida. Hoxe, con 33 anos e instalada desne hai dous meses na Coruña, escolle precisamente o galego para relacionarse con boa parte das persoas que atopa…

A Coruña fará unha enquisa por barrios para elaborar o seu primeiro Plan de Normalización Lingüística

O Concello da Coruña prepara unha diagnose sociolingüística específica da cidade como paso previo á elaboración do que será o seu primeiro Plan de Normalización Lingüística. O traballo incluirá unha enquisa telefónica a entre 800 e 1.200 persoas, análise territorial por barrios e un estudo sobre o emprego do idioma dentro da propia Administración municipal.…

Un oso, letras e moito vocabulario: así é ‘ArgaQuest’, o videoxogo galego creado nun instituto da Coruña

Aprender unha lingua pode resultar complexo, especialmente cando os métodos tradicionais non conseguen conectar cos intereses das novas xeracións. Con esa idea como punto de partida naceu 'ArgaQuest', un proxecto impulsado polo IES Fernando Wirtz da Coruña que aposta polos videoxogos e a tecnoloxía como ferramentas para fomentar o uso do galego entre a mocidade.…

‘Aquí tamén se fala’ cuestiona o papel do Deportivo no debate sobre o nome oficial

A plataforma 'Aquí tamén se fala', nacida no IES Rafael Dieste da Coruña e impulsora da campaña #oDéporéDaCoruña, expresou esta sexta feira o seu desacordo coa postura mantida polo RC Deportivo durante o proceso desenvolvido arredor da reivindicación para adaptar a denominación do club á toponimia oficial da cidade. A reacción produciuse o mesmo día…