Os XXXVI Cursos de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras' comezaron este mediodía en Santiago de Compostela coa recepción oficial ao alumnado participante nesta nova edición. En total, 62 estudantes procedentes de dezaoito países de Europa, Asia e América participarán durante tres semanas nun programa que combina aprendizaxe lingüística, achegamento cultural e convivencia internacional…
A Xunta de Galicia e a Fundación Repsol manteñen aberta a convocatoria da XX edición do Premio Narrativa Breve, un certame destinado a promover a creación literaria en galego. Nesta edición, coincidindo co seu vixésimo aniversario, o premio incrementa a súa dotación económica e pasa a estar dotado con 15.000 euros.
O prazo para presentar…
O Dicionario galego-ruso continúa medrando como ferramenta de referencia para o achegamento entre a lingua galega e a lingua rusa. A obra, impulsada polo investigador Aleksandr Dziuba, conta xa cunha segunda edición corrixida e aumentada, publicada en xaneiro de 2025, que eleva o seu contido ata as 21.000 entradas, máis do dobre das incluídas na…
Un fanzine é unha publicación independente e autoeditada, elaborada normalmente por afeccionados ou pequenos colectivos sen depender de editoriais nin grandes medios de comunicación. O termo procede da unión das palabras inglesas fan (afeccionado ou amador) e magazine (revista). Caracterízanse pola súa liberdade creativa, a súa distribución alternativa e o espírito do DIY (Do It…
A Real Academia Galega e PuntoGal entregaron esta mañá os premios e diplomas do IX Concurso de Microrrelatos, unha convocatoria impulsada por ambas as entidades que nesta edición recibiu arredor de 850 textos de ata 200 palabras. O acto estivo presidido pola académica María López-Sández, membro da executiva da RAG e do xurado da categoría…
A Asociación C.G. Rosalía de Castro, con sede en Cornellà de Llobregat, abriu unha nova convocatoria do Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, un premio literario creado en 1986 e orientado á promoción da creación poética en galego fóra de Galicia. As persoas interesadas en participar terán de prazo ata o…
A Universidade de Vigo vén de impulsar TermUVigo, un portal terminolóxico multilingüe centrado na linguaxe académica e institucional da propia institución. A iniciativa, promovida a través da Vicerreitoría de Internacionalización, nace coa finalidade de organizar, sistematizar e poñer á disposición da comunidade universitaria un repertorio fiable de termos empregados no ámbito universitario.
O recurso está…
O aprendizaxe do galego continúa gañando peso no sistema educativo do Bierzo, onde cada vez máis familias optan por incorporar esta materia á formación escolar dos seus fillos e fillas. O Programa de Promoción da Lingua Galega, posto en marcha en 2001 pola Junta de Castilla y León en colaboración coa Xunta de Galicia, cumpre…