A ferrolá Marta Salutregui botouse a falar galego de xeito progresivo: primeiro a través das redes, logo con persoas descoñecidas, máis adiante coa familia e amizades… Ao longo deste camiño, tamén creou unha iniciativa que foi lugar de xuntanza para persoas neofalantes e que lle serviu como plataforma para unha sorte de “saída do armario”…
A Fundación Rosalía de Castro quere conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalía (recén cambiado pola descuberta do día do seu nacemento), chamando á lectura dos seus textos e á participación no Caldo de Gloria e na Alborada para Rosalía.
CALDO DA GLORIA
Ao Caldo de Gloria xa se sumaron máis de 130 locais…
“Abride esa fiestra, que quero ver o mar”. Estas foron as derradeiras palabras de Rosalía de Castro antes de finar no ano 1885. Veñen ao caso porque fían unha boa metáfora da experiencia común de moitas persoas neofalantes, isto é, aquelas que conscientemente deciden cambiar do seu idioma inicial a unha lingua minorizada. Coma quen…
Escritore e creadore de contido nas redes con máis de 2.300 subscricións á súa canle de YouTube, Nee Barros converteuse en neofalante de galego cando iniciou o bacharelato en Pontevedra. Ata daquela, se ben elu tiña vontade de emprender ese cambio lingüístico, a hostilidade do ambiente na primaria e a ESO complicáballe dar o paso.…
Pilar Ponte é profesora de lingua e literatura no IES Félix Muriel de Rianxo e impulsora do proxecto de dinamización lingüística ’21 días co galego e máis’, que xa suma máis de 3.500 participantes de diferentes institutos. A través del, Ponte busca sacar o galego das aulas e promover a reflexión persoal sobre os usos…
Anxos Sobriño Pérez, presidenta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Eu expreseime en galego desde que comecei a falar. Non é mérito meu, foi decisión, consciente ou non, das persoas adultas que me rodeaban; tamén xogou un papel importante no mantemento da lingua o ambiente en que me criei, onde os nenos e…
Cada vez máis persoas se deciden a cambiar o castelán polo galego como lingua do día a día. Detrás desta opción adoita haber un proceso de concienciación lingüística sobre a realidade diglósica do galego, ou unha querenza por adaptarse a contextos galegofalantes, ou un ánimo por probar esa lingua na que falan referentes musicais, de…
Por onde comezo?, E que pasa se me trabuco seguido?, Como vai reaccionar a miña familia e as miñas amizades? Cambiar dunha lingua para outra na vida cotiá non é tarefa fácil. O idioma que cada quen emprega para comunicarse no día a día forma parte da identidade persoal, e comezar un proceso de conversión…