Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A UVigo crea unha guía para superar erros lingüísticos comúns como *sen embargo ou *plantexar

Quen non comete erros como *sen embargo, *xeralizar, *ubicación ou *búsqueda? Para iso a Universidade de Vigo publica a Breve guía para mellorarmos o uso do galego, que ten como obxectivo “superar os erros que conforman a nosa peculiar forma de comunicármonos e engrandecer o control que temos sobre as nosas prácticas comunicativas en lingua…

Manifestacións, música, exposicións… celebran as Letras Galegas por toda Galicia

A figura de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) e a reivindicación do galego son as protagonistas deste 17 de maio, Día das Letras Galegas. En todo o territorio galego diferentes actos celebrarán o día das Letras Galegas, e renderán homenaxe ao autor de Valdeorras. Dende música e exposicións ata manifestacións, lembrarán ao homenaxeado deste ano, así…

Nace 13 Editora, a primeira editorial en galego especializada en activismo

Activismo, mobilización social e pensamento crítico en galego terán un novo espazo, a 13 Editora. Estas temáticas poderán atoparse en galego  grazas á Editora 13, nada ao abeiro de ECOAR))) – Espazo de (Contra)discurso, construción, e Coordinación de Alternativas e Resposta Social- e que se presentará o vindeiro 14 de maio. O nacemento desta nova editorial…

O homeaxeado Florencio Delgado Gurriarán chegará aos concellos galegos da man de FalaRedes2022

Máis de 40 sesións de oito actividades variadas é o que ofrece a XI edición de FalaRedes 2022, un programa da Rede de Dinamización Lingüística. Este ano, o FalaRedes2022 céntrase na figura do homenaxeado no Día das Letras galegas, Florencio Delgado Gurriarán. Entre as actividades, destaca a representación da obra Tras os vieiros de Florencio, que…

“É tan válido unha persoa neofalante como outra que leva toda a vida falando galego” Anik Nandi

“Hai unha falta de planificación de prestixio do idioma. Ti podes dar poder a unha lingua, pero non podes asegurar que a xente a siga falando”. Este é parte do diagnóstico sobre a situación do galego que fixo Anik Nandi, sociolingüista bengalí experto na transmisión interxeracional da nosa lingua. Segundo el, "fai falta abrir outros camiños” para…