Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Esther Estévez: “Hai que quitar da cabeza que o galego é só para os exames”

A xornalista Esther Estévez, presentadora do espazo da TVG 'Dígocho eu', é unha das sete protagonistas da serie 'Superheroínas', producida pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela no marco da segunda edición do proxecto 'Novas voces para a lingua'. A serie foi dirixida por José Manuel Diego Ferreira, alumno de Xornalismo,…

Cando o galego se fai música e historia ao mesmo tempo

Combinar a narración oral, a literatura infantil contemporánea e a música. Ese é o obxectivo de  'Son de contos'. A partir de tres relatos, obra de escritoras e escritores galegos contemporáneos, outros tantos compositores do ámbito da musica culta elaboran cadansúa partitura nun exercicio de sensibilidades, confluencia e compenetración. A escritora viguesa Ledicia Costas encargarase…

Integrando ás crianzas ucraínas na cultura e lingua galega

O conto 'A Galiña azul', do escritor galego Carlos Casares, xa conta coa súa versión en ucraíno, editada en colaboración coa fundación do escritor e a Xunta de Galicia para que a mocidade ucraína escolarizada aquí "comparta os valores e a cultura galega no seu propio idioma". A nova versión, con ilustracións infantís, foi presentada este venres na Cidade da Cultura…

Coñece como pode ser o futuro do galego a ollos de neofalantes, empresarios, informáticos ou Olaia, das Tanxugueiras

Chega a oitava edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, a iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. ESte oitavo LGx15 incluirá oito charlas breves, nas cales se transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos…