Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Xunta aproba o novo Nomenclátor e oficializa cambios en concellos como A Caniza, O Riós e O Porto do Son

O Consello da Xunta aprobou este luns o novo Nomenclátor de Galicia 2026, unha revisión da listaxe oficial dos nomes de concellos, parroquias e lugares que supón a actualización máis ampla realizada desde a entrada en vigor do rexistro anterior, aprobado en 2003. A decisión ratifica a proposta presentada no mes de xullo pola Comisión…

Ata o 11 de setembro para participar no XII Concurso literario Mazarelos

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela vén de convocar a décimo segunda edición do Concurso literario ‘Mazarelos’, unha iniciativa que busca fomentar a creatividade da mocidade universitaria, impulsar o uso do galego e dar visibilidade a novas voces literarias. O certame está aberto á participación do…

Os medios en galego exploran o Fediverso como alternativa ás redes tradicionais

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebrou este luns en Santiago de Compostela un obradoiro formativo centrado no uso do Fediverso como alternativa ás redes sociais tradicionais. A actividade, titulada 'Medios locais no Fediverso: por unhas redes sociais máis sanas', estivo impartida polo experto en comunicación dixital Joxe Rojas e reuniu a profesionais do…

Unha regueifa sobre sanidade e lingua leva o galardón máis ousado do Enreguéifate 2026

O certame #Enreguéifate2026 deu a coñecer as primeiras gañadoras desta edición a través das súas redes sociais, comezando pola categoría das “regueifas máis bravas”, que distingue as propostas máis ousadas e creativas. O premio na categoría xeral recaeu nas Regueifeiras do Ciov, de Vigo, polo vídeo titulado “Saúde e lingua!”. Segundo destacou a organización na…

A USC impulsa o galego científico coa terceira edición do concurso de edición da Galipedia

A Universidade de Santiago de Compostela, a través das comisións de normalización lingüística de diversos centros e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, vén de convocar o III Concurso de edición da Galipedia, unha iniciativa dirixida á comunidade universitaria durante o curso 2025/2026. O certame ten como finalidade promover a produción e difusión…

A RAG amplía a súa investigación lingüística aos concellos pequenos co acordo con Rois

O Concello de Rois colaborará coa Real Academia Galega (RAG) na elaboración dun mapa sociolingüístico escolar que analizará o uso e as actitudes cara á lingua galega entre a poboación máis nova do municipio. O proxecto, coordinado polo Seminario de Sociolingüística da RAG, supón o primeiro acordo deste tipo cun concello de menos de 5.000…

A literatura galega e palestina estreitan lazos cun novo acordo de colaboración internacional

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) dará un novo paso na súa relación co ámbito literario palestino coa sinatura dun convenio de colaboración coa Unión Xeral de Escritoras e Escritores Palestinos, un acordo que se formalizará coincidindo coa entrega do recoñecemento ao Escritor Galego Universal 2026. O acto terá lugar no…