Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

(VÍDEO) Vitamina-G, a iniciativa que esperta o galego na mocidade: “Os nenos e nenas son os protagonistas do seu propio cambio lingüístico”

O proxecto Vitamina-G, creado na aula de 5ºC do CEIP Sagrada Familia da Coruña, aposta por un enfoque innovador para a aprendizaxe do galego. A través da creación de vídeos e contidos para redes sociais, o alumnado explora o idioma dunha forma dinámica e atractiva, converténdose nos protagonistas da súa propia aprendizaxe lingüística. A iniciativa,…

A Xunta impulsa Xabarín.gal para fomentar o uso do galego entre a infancia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa CRTVG, presentou hoxe as novidades de Xabarín.gal, unha nova plataforma de contidos en galego destinada á infancia. O obxectivo principal desta iniciativa é promover o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, asociándoa a referentes de entretemento e lecer. O acto de presentación, celebrado…

Xesús Mosquera, un dos impulsores de @AgasalloEu: “Nos mercadiños vese a variedade de produtos e enorme creatividade da terra vehiculada en galego”

En plena época de alicientes ao consumo rápido, asomando en cada ornamento luminario de estrelas, renos ou lazos, cómpre entender "o acto da agasallar nun sentido amplo" e, de ter un detalle persoal, mellor facelo na lingua propia, a caixa de debaixo da árbore que máis "debe ser celebrada". Así define Xesús Mosquera o planteamento…

A socialización en galego entre as crianzas culmina na Festa do Apego

O proxecto Apego, impulsando dende os servizos de normalización lingüística de diferentes concellos galegos co obxectivo de promover e ofertar a posibilidade a unha socialización en lingua galega entre a infancia do territorio, está a desenvolver a súa programación especial pola época do Nadal. Logo de diferentes obradoiros, dende gastronómicos a científicos, así como a…

“Bicos a Moreas”, a iniciativa dende o estudantado e comercio local estradense para a promoción do galego

Este luns, o colexio O Foxo, en A Estrada, presentou a campaña "Bicos a Moreas", xa pola súa décimo segunda edición, que busca promover o uso do galego a través do reparto de adhesivos deseñados e creados polo alumnado, empregando diferentes debuxos e mensaxes en lingua galega. Neste curso académico, o estudantado realizou un total de…