Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“Bicos a Moreas”, a iniciativa dende o estudantado e comercio local estradense para a promoción do galego

Este luns, o colexio O Foxo, en A Estrada, presentou a campaña “Bicos a Moreas”, xa pola súa décimo segunda edición, que busca promover o uso do galego a través do reparto de adhesivos deseñados e creados polo alumnado, empregando diferentes debuxos e mensaxes en lingua galega.

Neste curso académico, o estudantado realizou un total de 10.000 pegatinas. Todas estas, unha vez realizadas, foron dixitalizadas polo profesorado para convertilas en etiquetas xunto cunha frase escollida pola rapazada co obxectivo de congratular ao agasallado.

Para o desenvolvemento da actividade, a Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) e a Asociación de Empresarios da Estrada (ACE) involúcranse económicamente. Asemade, entre os propios membros asociados son repartidas, ata fin de existencias, os adhesivos para as empregar durante a campaña de Nadal dende os comercios locais da vila.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.