Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

‘Aquí tamén se fala’: Este é o proxecto de normalización lingüística do IES Rafael Dieste da Coruña que trascende máis aló do instituto

O proxecto 'Aquí tamén se fala', nado no IES Rafael Dieste da Coruña, está a converterse nun referente en normalización lingüística en galego a nivel de toda Galicia. O que comezou como unha sinxela campaña de cartaces nos comercios do barrio evoluíu nun movemento social e cultural que se estende a máis de 200 centros…

Descubrindo apelidos galegos: Castro

O apelido Castro, de orixe galega e portuguesa, está hoxe presente en todos os continentes. Procedente do latín castrum, que significa "fortaleza" ou "poboado fortificado", o apelido reflicte unha conexión histórica cos antigos castros do Reino de Galicia, dende onde se espallou cara a León e Castela. Segundo os últimos datos do Instituto da Lingua…

O novo dicionario das aves en galego: unha ferramenta para a ornitoloxía e a divulgación científica

A Real Academia Galega (RAG) puxo á disposición do público o novo dicionario en liña Nomes galegos das aves de Galicia e de España, unha ferramenta que busca facilitar a comunicación especializada en ornitoloxía en lingua galega. A obra, dispoñible na páxina web da RAG, foi coordinada polo investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG),…

Entroido, Antroido ou Entruido? As variantes dialectais desta gran festa galega

O Entroido é unha das festas máis emblemáticas de Galicia, con rituais ancestrais, personaxes propios e tradicións que varían segundo o lugar. Pero non só os costumes diferencian un Entroido doutro: tamén o nome desta celebración cambia segundo a zona. Segundo estudos do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, existen ata 15 variantes rexistradas…

Filoloxía ofreceu un concerto polos seu 50 aniversario cheo de diversos estilos músicais en galego

O Auditorio de Galicia acolleu onte o concerto 'Scripta manent, verba volant', un dos actos centrais da conmemoración do 50 aniversario da Facultade de Filoloxía da USC. O evento reuniu artistas exalumnos da facultade e contou cunha programación que abrangueu diversos estilos musicais.   Ver esta publicación en Instagram   Una publicación compartida de Xornal de Compostela (@xornaldecompostela) O…