Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Sara Costa, castelanfalante durante a educación: “Sempre mantiven o galego nas miñas relacións íntimas, como co meu avó”

Sara Costa, docente e estudante dun Máster no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, unha vez foi integrada no sistema educativo mudou a lingua galega, coa que fora criada dende o berce, ao castelán. Na adolescencia, a través de utilizala cunha amiga próxima, volveuna adoptar como idioma vehicular ―aínda que, nalgúns vínculos da súa entorna, nunca deixara de ser a que realizase as quilometraxes cara o entendemento―.

Ve, e reivindica, a posibilidade dun currículo, cultura e ciencia en galego. No seu estudantado, de educación superior, observa que o uso do idioma se ve limitado: “Se o usan, é comigo. Logo, entre eles, pásanse ao castelán”.

Na proximidade, dende a súa nai á súa veciña Carme, están os seus referentes no uso do idioma. Do escaparate cultural, destaca figuras femininas que “espallan” a lingua dende todo formato e con toda mensaxe: “Mercedes Peón, Uxía Pedreira… Un montón de mulleres”.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.