A extensión do galego nas novas tecnoloxías é fundamental para a súa promoción entre a xente máis nova. Moitas aplicacións carecen de versión en galego, polo que se denega o uso da súa propia lingua a moitas persoas. Este é o exemplo de Storytel, una aplicación de orixe sueca de audiolibros, ebooks e podcasts.
O caso foi comentado por Twitter, onde non se entendía porque Storytel tiña a opción de consumir os seus produtos en castelán, catalán ou euskera, e non en galego. Ademais, segundo comentaba unha usuaria desta rede social, “nin sequera autoras galegas como Rosalía de Castro están presentes no seu idioma orixinal“.
https://twitter.com/ruth_VG_/status/1491126699693867008
Storytel España, dende a súa conta oficial, argumentou que non fai “ningún tipo de exclusión a ningunha lingua”. Argumentan que están “en proceso de expansión” e que están a traballar para engadir máis idiomas nun futuro. Esta mensaxe é repetida por Storytel dende xullo do ano pasado.
https://twitter.com/O_pilotinho/status/1491145425289908224