O recoñecido compositor británico Mika sorprendeu este martes aos milleiros de persoas que se concentraban na Praza de María Pita, da Coruña, para gozar da súa música. Pedíu a alguén que lle traducira unhas letras ao galego. Subiu unha moza e pouco despois o cantante falou de “Carolina”:
“Era na noite. Xa non está. Un ano despois en Londres, sentado fronte ao meu piano,quero escribir unha canción sobre o amor. Penso na Carolina e escribo unha canción sobre esta muller da noite”.
Michael Holbrook Penniman Jr., , máis coñecido como Mika, é un cantante e compositor británico-estadounidense de orixe libanés, gañador do World Music Awards, Brit Awards e nominado ao Premio Grammy.
Mika falando en galego (e colocando os pronomes mellor que Feijóo) pic.twitter.com/VlfNS3fwrQ
— Iago Gordillo (@IagoGordillo) August 1, 2023