Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Lola Rontano Vicente, a murciana que se namorou de Galicia no Prestige: “O galego é fermoso, musical”

Dolores (Lola) Rontano Vicente é unha profesora e escritora murciana afincada en Laxe. Chegou a Galicia como voluntaria do Prestige e quedou namorada deste país. No 2005 decidiu instalarse definitivamente na Costa da Morte, “o seu tesouro” particular.

Dolores Lola Rontano naceu en 1977 en Comala, Molina de Segura, vive en Laxe e é profesora de francés no instituto Maximino Romero de Lema, Baio (Zas). Cando chegou de Murcia, Lola “non sabía nin papa de galego”. “Pero no primeiro mes xa lin ‘Que me queres amor’ de Manuel Rivas e entendín todo… A partir de aí a miña historia de amor co galgo continuo”, suliña nunha entrevista na Radio Galega.

“Son neofalante a secas”, destaca aínda que di orgullosa que “fixo o exame do galego”, en alusión ao exame Celga. “Gústanme moito os idiomas e o galego é fermoso, musical e ten algo, un pouso moi preto do latín, que é fermoso”, engade.

A autora é colaboradora en artigos, reseñas, blogs e revistas dixitais, como Vulva Estelar, El coloquio de los perros, Mujeres reseñando… sempre baixo o pseudónimo de Lola Schutz. Participou na Antoloxía de poesía erótica, do Instituto Iberoamericano de Estudos Atlánticos. No ano 2014, gañou o Premio Narrativa Camilo José Cela do Concello de Padrón, polo conto Las ubres de la noite. Traballa na compilación dalgunhas traducións do cantante francés Dominique A. Coa súa novela Austroatlántica gañou o XXX Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Castelá 2018.O subtítulo da novela, A Arxentina que Deus quere, remite ao fío formal do relato, o da relixión, que liga e fai unha amálgama de elementos dispares, incluíndo parábolas.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.